PONTEVEDRA. O Concello xa conta cunha campaña gráfica para o 8 de marzo, e o fai con Dora “a desbrozadora” como protagonista. A superheroína galega representa a todas as mulleres galegas e valentes que buscan a igualdade definitiva na sociedade. O goberno local repartirá cartaces e chapas pola cidade co fin de chamar á participación no 8M.
Dora “a desbrozadora” e unha fouciña son os símbolos feministas elixidos polo Concello para o cartaz do 8 de marzo. Dora é unha superheroína galega que, coa súa bata e o seu pano na cabeza, representa a todas as mulleres valentes e loitadoras.
O debuxante Luís Davila fixo tamén unha adaptación do símbolo feminista.
A concelleira de Igualdade e o autor do cartaz quixeron animar a toda a cidadanía á participar nun evento que esperan que sexa histórico.
Os cartaces distribuiranse por toda a cidade e o día da manifestación, o 8 de marzo, repartiranse tamén chapas co lema “Moza!! Fai coma min e desbroza”.
A superheroína galega, Dora "a desbrozadora", protagonista do cartaz do 8M canales | |
| Likes | Dislikes |
| 17 views views | 1.39K followers |
| Entertainment | Upload TimePublished on 27 Feb 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét