PONTEVEDRA. O goberno local aposta polo servizo a demanda con vehículos de baixa capacidade coma solución para o transporte da cidade. Así o trasladarán á Xunta na reunión técnica que manterán a vindeira semana. Dende o concello consideran esta solución a máis axeitada para Pontevedra, pero lembran que é necesaria a coordinación co goberno autonómico, que ten as competencias no que se refire ó transporte interurbano.
O Concello aposta por medios de baixa capacidade para o transporte naqueles sitios nos que a demanda sexa insuficiente para manter autobuses. Así llo explicará á Xunta nunha reunión técnica fixada para a vindeira semana. A idea é crear unha plataforma telefónica ou dixital para atender e canalizar esa demanda.
Co cambio normativo que se rexistrou o pasado mes de outubro no que se refire á regulación do sector do taxi e o transporte de baixa demanda, o Concello podería pór en marcha este tipo de transporte. Esta situación facilita estudar o sistema de transporte urbano de Pontevedra xunto coa Xunta, ao caducar, tamén, as concesións autonómicas.
O concelleiro de infraestruturas explicou que a coordinación co goberno autonómico é fundamental, xa que o servizo urbano, que lle corresponde ó concello pode entrar en competencia con liñas interurbanas, que son competencia da Xunta.
O Concello xa dispón dun equipo técnico para negociar coa Xunta e elaborar o estudo municipal. Serán o enxeñeiro responsable da tramitación dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Santiago López Fontán, e o experto en mobilidade Fernando Nebot.
O Concello aposta polo servizo baixo demanda para o transporte público canales | |
| Likes | Dislikes |
| 3 views views | 1.39K followers |
| Entertainment | Upload TimePublished on 24 Jan 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét