PONTEVEDRA. O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, reuniuse esta mañá con representantes dos taxistas de Pontevedra para explicarlles o sistema de transporte a demanda que pretende establecer o Concello para dar servizo a aqueles puntos nos que a demanda non sexa suficiente para o uso de autobuses. O colectivo acolleu positivamente o plan do goberno local.
O plan municipal para o transporte público de Pontevedra, especialmente das parroquias, pasa por implantar o servizo a demanda con vehículos de baixa capacidade. Así llo transmitiron esta mañá dende o Concello a representantes do colectivo de taxistas, convocados a unha reunión na que se subliñou as oportunidades que tería para este sector profesional a súa participación nesta iniciativa de transporte urbano, e para coñecer a súa disposición a colaborar no proxecto.
A idea é que o servizo se contrate previamente, cunha antelación de 24 horas, por exemplo, para facilitar que os vehículos sexan compartidos e para non entrar en competencia cos servizos regulares dos propios taxis.
Ademais da reserva previa, pénsase nunha tarxeta de usuario e uns requisitos para poder acceder ó servizo.
Está por estudar a forma de cobro e o custe para os usuarios. Do que si se falou foi do medio para a reserva, que podería ser a través de radiotaxi.
Os taxistas consideran interesante o proxecto e amosáronse dispostos a colaborar para prestar o mellor servizo. O sector do taxi conta na cidade con 89 licencias e emprega a arredor de 110 persoas. Nesta frota hai vehículos de até 7 prazas.
A reunión de contacto co sector do taxi pontevedrés acontece 24 horas antes da xuntanza de traballo que manterá o Concello coa Xunta na que técnicos das dúas administracións abordarán a reformulación do transporte público de Pontevedra e a necesidade de coordinar esta iniciativa co resto de propostas de transporte metropolitano e interurbano da área de Pontevedra.
Os taxistas de Pontevedra acollen con interese o plan de transporte a demanda canales | |
| Likes | Dislikes |
| 9 views views | 1.39K followers |
| Entertainment | Upload TimePublished on 29 Jan 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét